
Este é o noso cole favorito, e o teu?
A Asociación de nais e pais deste maravilloso cole creouse para axudar a mellorar os servizos e facilitar ás familias que confían neste modelo o acceso das súas crianzas a esta educación case imposible de atopar na escola pública.
Que facemos

Impulso e fomento de melloras no cole
Temos na cabeza en todo momento crear novos servizos que axuden ás familias na conciliación.

Comunicación efectiva coas familias
Queremos mantervos informadas en todo momento e recibir as vosas opinións, suxerencias e comentarios.

Representación das familias
Unha das nosas tarefas e representar o sentir das familias ante calquera situación que o requira.

Organización de actividades e servizos
Tamén organizamos eventos, actividades extracurriculares e de sensibilización.
